A continuación mostrámosche algúns dos "proxectos 100% Yoloveo". Son proxectos desenvolvidos de principio a fin por Yoloveo Software e totalmente a medida en base ás necesidades de cada cliente. A maioría están en produción e continúan engadindo funcionalidades ano a ano, o cal vén confirmar que son produtos software de calidade, fiables, escalables e sostibles no tempo.

Ezen App

aplicación web

Ezen App é unha aplicación web que integra tanto funcionalidades de xestión interna e de negocio, como funcionalidades directas para os clientes de Ezen Sr. O investimento de Ezen SR na aplicación vese recompensada con fartura e proba diso é que desde 2016 a aplicación non para de crecer.

Funcionalidades máis destacadas:

  • Xestión de clientes
  • Xestión de empregados
  • Xestión de centros
  • Xestión de adestramentos
  • Xestión de cobranzas e facturación
  • Autoxestión de adestramentos por parte do cliente
  • Pagos en liña, fidelidade, promocións, estatísticas ...

Pocketrainer App

web e aplicación web

Pocketrainer App é unha aplicación web onde os adestradores poden elaborar rutinas de adestramento e os clientes adestrar con elas. Posta en produción en 2020 e crecendo ata hoxe.

Funcionalidades máis destacadas:

  • Xestión de clientes
  • Xestión de adestradores
  • Xestión de exercicios
  • Elaboración de rutinas
  • Adestramentos con vídeo e audio
  • Pagos en liña
  • Videoconferencias

Blanky Picos App

aplicación web

Blanky Picos App é unha aplicación web onde os empregados dunha empresa de depilación láser poden xestionar aos seus clientes e os tratamentos. En marcha desde o 2020 e evolucionando pouco a pouco con novas funcionalidades que facilitan o día a día.

Funcionalidades máis destacadas:

  • Xestión de clientes
  • Xestión de traballadores
  • Xestión de centros
  • Xestión de sesións e tratamentos
  • Calendario de citas e outros eventos

Tag Formación App

aplicación web

Tag Formación App é unha potente aplicación web que cobre gran variedade de funcionalidades para a xestión de procesos internos e procesos de negocio. Posta en produción en 2021, supón un importante salto para a modernización da xestión en Tag Formación.

Funcionalidades máis destacadas:

  • Xestión de contratos de formación
  • Xestión de clientes
  • Xestión de provedores
  • Xestión de alumnos
  • Xestión de traballadores
  • Facturación e contabilidade
  • Xestión de formación: titores, centros, planificacións, plataformas ...

Acíes Apartamentos Web

web

Acíes Apartamentos preséntase cunha web dunha soa páxina, coa información clara e en tres idiomas.

O máis destacado:

  • 100% responsive
  • Dispoñible en tres idiomas
  • Información clara e concisa nunha soa páxina
  • Posicionamento web

EHTTA e-questionnaire

aplicación web

Aplicación Web para xestionar as solicitudes de entrada na European Historic Thermal Towns Association. O seu compoñente principal é un formulario en liña de gran tamaño onde os candidatos deben encher a información requirida.

Funcionalidades máis destacadas:

  • Xestión de solicitudes
  • Notificacións
  • Opción de gardar formulario para completalo en diferentes días
  • Validación de campos
  • Capacidade para achegar ficheiros ao formulario
  • Exportación a PDF